A contorna dos Ancares

A Serra dos Ancares de Lugo localízase no extremo occidental da Cordillera Cantábrica sendo continuación da veciña comarca de Ancares de León. Os Ancares de Lugo presentan unha baixa densidade demográfica (8,3 hab./km2), que á súa vez está moi envellecida, e que se atopa dispersa en pequenos núcleos rurais, dedicados fundamentalmente ás actividades gandeiras con explotacións de moi reducido tamaño. O sector forestal presenta unha importancia máis reducida aínda que en auxe, así como o turismo rural que está incrementando rápidamente a súa importancia na economía da comarca.

O territorio de Ancares de Galicia queda englobado dentro da Rede Natura ao ser Lugar de Importancia Comunitario -denominado Ancares-Courel cunha superficie de 103.000 Ha-. A Rede Natura europea abarca aqueles espazos dos países membros da Unión Europea que presentan uns valores faunísticos e/ou botánicos de alto interese, constituíndo espazos preferentes nos labores de conservación e de desenvolvemento de proxectos de investigación. O obxectivo principal da existencia da Rede Natura é o mantemento da biodiversidade.

A Serra de Ancares constitúe o límite entre dúas rexións bioxeográficas, a rexión Eurosiberiana e a rexión Mediterránea, aparecendo esta última nas zonas baixas da vertente leonesa; o ser zona de contacto destas dúas rexións outorga á Serra dos Ancares unha gran biodiversidade xa que aparecen especies botánicas e faunísticas tanto mediterráneas como eurosiberianas.

A cadea montañosa que divide a vertente galega da leonesa presenta unha orientación Norte-Sur, sendo a súa maior altitude en Galicia o pico Mustallar con 1.935 metros; na vertente leonesa atópase o pico Cuiña, o máis alto de toda a serra con 1998 metros. O relevo é moi abrupto con acusados desniveis que terminan en vales que descenden ata os 600-700 metros de altitude. A vertente galega, aínda que de superficie moito máis reducida, presenta un estado de conservación do hábitat en mellor estado que a vertente leonesa, con importantes masas forestais de carballo, abedul, acivro e castaño, principalmente, nas que aínda habita unha interesante fauna entre a que podemos destacar ao oso pardo, pitas do monte, lobo, perdiz pardilla, e pito negro, entre outras.

É destacable que a Serra de Ancares constitúe o límite entre dúas rexións bioxeográficas, a rexión Eurosiberiana e a rexión Mediterránea, aparecendo esta última nas zonas baixas da vertente leonesa; o ser zona de contacto destas dúas rexións outorga á Serra dos Ancares unha gran biodiversidade xa que aparecen especies botánicas e faunísticas tanto mediterráneas como eurosiberianas. Os grandes desniveis existentes (máis de 1.600 metros desde o río Navia ata os máis altos cumes) tamén determinan unha gran variedade de especies adaptadas a cada un dos medios.

A parte alta desta serra na súa vertente galega é a que presenta uns valores naturais e estado de conservación máis destacable, o que levou en 1992 asignarlle unha figura de protección adicional relacionada coa presenza de hábitat adecuado para a presenza do oso pardo. Así, quedou englobada dentro do Área de Protección do Oso Pardo, cunha superficie de 12.064 Ha. Globalmente, pódese afirmar que o área oseira vén definida polas caídas da cadea montañosa que percorre os límites con Asturias e León, constituídas por catro vales principais, isto é, Canón de Rao, Piornedo, Avesedo de Vilarello e Deva-Pena Loura.