Como amantes da natureza que somos, disfrutamos a miudo da práctica do sendeirismo por calquera das múltiples rotas que existen, e ofrecemos a tódolos nosos clientes asesoramento e recomendacións sobre cal é a máis aconsellable, en función, da climatoloxía, o grao de coñecemento e experiencia do grupo, do tempo do que dispoñan, da idade, etc... para que o turista / montañeiro poida disfrutar con toda seguridade dunha rota fantástica e adaptada as súas posibilidades...
Se a fotografía da natureza é a tua paixón, este é un lugar de obrigada visita, con un pouquiño de sorte e silencio poderá fotografiar algún fermoso exemplar de corzo, rebeco, cervo, cabra montesa, perdiz, águia... ou con un simple paseo polos nosos aredores algún dos magníficos carballos, acibros, castiñeiros ou teixos que poboan os nosos bosques... e ao cae-la noite... postas de sol espectaculares.

Como colofón, e grazas á situación privilexiada na que nos atopamos, se a túa paixón é a caza ou a pesca, estás de noraboa, xa que estamos inmersos nunha Reserva Nacional de Caza, na que poderás encontrar fermosos exemplares de corzos, xabaríns, perdices, cervos, e magníficos rebecos (no ano 2004 cazouse nesta serra un medalla de ouro) amén de outras especies que ainda que non estea permitida a súa caza poderán cruzarse polo seu camiño con un pouquiño de sorte, como a cabra montesa (cázase na cara leonesa da serra), o lobo, e os ameazados de extinción, o oso e a pita de monte.
E se a súa paixón é a pesca, os nosos pequenos rios e regatos descenden cara o Río Navia, nutrindo a este das troitas máis ricas y saborosas...