Ao entrar neste salón, comprenderás o seu nome. Un espazo reservado para a tranquilidade, para compartir unha agradable conversación ou para saborear un bó libro despois dunha boa ruta de senderismo e dunha deliciosa ducha de augua quente..., un lugar deseñado para o repouso, a relaxación e inclusive a inspiración, un espazo para «desconectar».
Tamén se pode empregar como espazo para reunións de traballo de carácter máis informal, para pequenos grupos que precisen dun lugar aberto para traballar, recibir formación..., é dicir, unha sala de reunións integrada en plena natureza.