Hotel accesible

Concienciados e preocupados por cubrir as necesidades de todos os nosos clientes, o hotel dispón de rampas tanto de acceso, como para desprazarse polo seu interior, así como dunha habitación perfectamente acondicionada para satisfacer as necesidades de calquera persoa que se desprace en cadeira de rodas ou teña algunha discapacidade física. Estamos adaptados á lei de supresión de barreiras arquitectónicas co obxectivo de facilitar a estancia e o goce de calquera persoa nestas paraxes.

Desde 2010 figuramos na guía de aloxamentos accesibles da Xunta de Galicia.

O noso hotel figura tamén na base de datos da Plataforma Representativa Estatal De Personas con Discapacidad Física (Predif), así como, na súa aplicación móbil TUR4all, no Xeoportal de Turismo Accesible e a capa Layar de realidade aumentada ao recoñecernos coma un establecemento socialmente responsable.

20150510 112033 Img 9878