Ancares

Natureza

A serra de Ancares é un espazo incluído na Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera desde 2006 que che sorprenderá polas súas características únicas: a beleza dos seus impoñentes cumios (como o Cuíña, o Mustallar e Penalonga) e a exuberancia da súa flora (con impresionantes bosques como o Avesedo de Vilarello, con centenarios carballos, castiñeiros, teixos, acivros, bidueiros) e fauna (coa presencia do oso pardo, o lobo é a pita do monte, en perigo de extinción).

Pallozas

Cultura

Ancares tamén che ofrece preciosas aldeas pintorescas (como Vilarello de Donís, Piornedo, Suárbol ou Balouta) e unha riqueza cultural de insólita personalidade, da que son expoñentes as famosas pallozas de orixe prerromana.